Sobre De Vacas


Rexurdimente

Grazas a Vanessa por ensinarnos !!!! 

Rexurdimente das vacas e revolta feminista, con Rosalía á cabeza. Levamos un tempo traballando nesta homenaxe, con este traxe garaxe personaxe. Agardamos que desfrutedes da escoita igual que nós facéndoa... non tanto polo que vale, senón polo que significa. Avoas, nais, irmás, amigas, e a colaboración dunha tremenda personalidade xitana, forte e libre, como a de Lorena. Grazas infinitas! Grazas á Unitaria, escola que nos viu nacer e sempre nos apoia, a Coro González polo seu tempo e dedicación, a Xoán Sánchez pola arte no palmeo. As Rosalías inspiran. Avante! LETRA (Rosalía de Castro): Nasín cando as prantas nasen, no mes das froles nasín, nunha alborada mainiña, nunha alborada de abril. Por eso me chaman Rosa, mais a do triste sorrir, con espiñas para todos, sin ningunha para ti. Desque te quixen, ingrato, todo acabóu para min, que eras ti para min todo, miña groria e meu vivir. ¿De qué, pois, te queixas, Mauro? ¿De qué, pois, te queixas, di, cando sabes que morrera por te contemplar felís? Duro cravo me encravaches con ese teu maldesir, con ese teu pedir tolo que non sei qué quer de min, pois dinche canto dar puden avariciosa de ti. O meu corasón che mando cunha chave para o abrir. Nin eu teño mais que darche, nin ti máis que me pedir.

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog