Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Rosalía

Sobre Rosalía ( I)

Imagen
  José Agustín Goytisolo ( Barcelona, 1928- 1999) escribiu o poema "Palabras para Julia" , un poema para a súa filla cando esta tiña sete anos e a quen lle puxo o nome da súa nai que morreu en 1938 cando Barcelona foi bombardeada durante a Guerra Civil, sendo el un neno. Foi irmán de poetas : Juan e Luis Goytisolo, todos pertencentes á Xeración do 50'  x unto a Jaime Gil de Biedma, José Ángel Valente ou José Manuel Caballero Bonald. Moitos foron os que versionaron este poema: dende Paco Ibáñez que foi o primeiro, seguindo con Mercedes Sosa, Rosa León, Iván Ferreiro e outros.  Eu déixovos a que cantou Rosalía co acompañamento dun guitarrista maravilloso que a mira dándolle o seu espazo e en total compenetración.

Sobre Rosalía

Imagen
  Vía Rosalía 

Sobre De Vacas

Imagen
Rexurdimente Grazas a Vanessa por ensinarnos !!!!  Rexurdimente das vacas e revolta feminista, con Rosalía á cabeza. Levamos un tempo traballando nesta homenaxe, con este traxe garaxe personaxe. Agardamos que desfrutedes da escoita igual que nós facéndoa... non tanto polo que vale, senón polo que significa. Avoas, nais, irmás, amigas, e a colaboración dunha tremenda personalidade xitana, forte e libre, como a de Lorena. Grazas infinitas! Grazas á Unitaria, escola que nos viu nacer e sempre nos apoia, a Coro González polo seu tempo e dedicación, a Xoán Sánchez pola arte no palmeo. As Rosalías inspiran. Avante! LETRA (Rosalía de Castro): Nasín cando as prantas nasen, no mes das froles nasín, nunha alborada mainiña, nunha alborada de abril. Por eso me chaman Rosa, mais a do triste sorrir, con espiñas para todos, sin ningunha para ti. Desque te quixen, ingrato, todo acabóu para min, que eras ti para min todo, miña groria e meu vivir. ¿De qué, pois, te queixas, Mauro? ¿De qué, pois,...