Sobre Harue Koga e Gloria Swanson



Gloria Swanson ( Chicago, 1899- Nova York, 1983) foi unha das grandes estrelas do mundo do cine mudo. Cando comezou o sonoro deixouno como tantas outras personalidades porque a calidade da súa voz non era a que se esperaba. Foi rescatada polo gran Billy Wilder para realizar unha das enormes películas de cine negro americano chamada "O Solpor dos Deuses" ( "El Crepúsculo de los Dioses" ou tamén "Sunset Boulevard") de 1950 na que fai de si mesma. Nesta fotografía, podemos vela nunha lancha, en bañador xunto ao seu can ao volante. Felices anos 20'. 

Na zona dereita deste cadro realizado polo surrealista xaponés Harue Koga utiliza esa fotografía para introducila nesta obra, unha das máis coñecidas del, titulada: "O mar" do ano 1929

E é que as Artes retroaliméntanse!!!

Comentarios

  1. Maravilla de foto y Obra... Pues si que debió ser traumatico el paso de las "silents" a las "talkies"... bikiños...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi traumático, moit@s desapareceron da escea. Bico Tobi e grazas por comentar!!!

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog